Fundada en 1980, a nosa institución reúne hoxe nove centros culturais no que é a maior asociación de inmigrantes galegos da República Helvética: a FSGS, Federación de Sociedades Galegas na Suiza. Dende que nacemos tivemos claro que o lema de “xuntos somos grandes” é ben erto. E eiquí estamos: loitando xuntos pola defensa e o espallamento dos valores identitarios galegos así como polo apoio, integración e orientación dos galegos residentes en Suiza.

A presente páxina web pretende ser a plataforma do noso proxecto en común: a creación dun espazo no que a xente poda atopar un cachiño da terra, descubrir a actividade da FSGS –con xa 25 anos de existencia– e sentirse ben acollido no país. É dicir, crear, dalgunha maneira, a nosa “Galiza en Suiza”.

Hoxe en día formamos a FSGS os seguintes centros e sociedades galegas. Estamos repartidos por toda Suiza ¿Cál será o teu centro galego?